Catro erupcións de clase X

Catro erupcións solares de clase XCréditos da imaxe: NASASolar Dynamics Observatory, GSFC
Explicación: oscilando ao redor do limbo leste do Sol o luns, un grupo de manchas solares etiquetadas como a rexión activa AR1748 produciron as catro primeiras erupcións solares de clase X de 2013 en menos de 48 horas. En orde temporal, seguindo o sentido das agullas do reloxo desde a parte superior esquerda, os destellos das catro foron captadas en imaxes do ultravioleta extremo desde o Observatorio de Dinámica Solar. As erupcións solares de clase X, clasificadas de acordo co seu brillo máximo en raios X, son o tipo máis potente e frecuentemente son acompañadas por expulsións de masa coroal (CMEs), enormes nubes de plasma de enerxía elevada guindadas ao espazo. Pero os CMEs das primeiras tres erupcións non estaban na dirección da Terra, mentres que a asociada coa cuarta erupción pode ceibar unha tormenta que pase preto do campo magnético da Terra o 18 de maio. Ademais de provocar bloqueos de radio temporais, é probable que AR1748 non remate. Aínda se pronostica que teña unha probabilidade significativa de producer erupcións potentes, xa que a rexión activa está rotando cara unha visión máis directa ao través da cara máis próxima do Sol.

Texto orixinal no APOD.