O remanente da supernova de Kepler en raios X

O remanente da supernova de Kepler en raios X
Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/NCSU/M. Burkey et al. Visual: DSSExplicación: que provocou esta lea? Algún tipo de estrela explosionou para crear nebulosas de estraña forma coñecida coma o remanente da supernova de Kepler, pero que tipo? A luz procedente da explosión estelar que creou esta nube cósmica enerxética ollouse por vez primeira no planeta Terra en outubro de 1604, tan só ha catro centos anos. A supernova produciu unha estrela nova brillante a comezos do século 17 nos ceos da constelación Ophiuchus. Foi estudiada polo astrónomo Johannes Kepler e os seus contemporáneos, sen o beneficio dun telescopio, mentres procuraban unha explicación da aparición celeste. A comezos do século XXI os astrónomos, armados cun coñecemento moderno da evolución estelar, continúan a explorar a nube de desfeitos en en expansión, pero agora poden empregar telescopios espaciais en órbita para explorar o remanente da supernova de Kepler (SNR) en todo o espectro. Os datos de raios X recentes e as imaxes do remanente da supernova de Kepler obtidos polo Observatorio de Raios X Chandra en órbita amosaron abundancias relativas de elementos típicas dunha supernova de Tipo Ia e, ademais, indicaron que a proxenitora foi unha estrela anana branca que estourou cando acretou demasiado material dunha estrela compañeira Xigante Vermella e sobrepasou o límite de Chandrasekhar. A uns 13.000 anos luz de distancia, a supernova de Kepler representa a explosión estelar máis recente que se vira ocorrer no interior da nosa galaxia Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.