Colisións galácticas: simulación fronte a observacións

Créditos da imaxe: NASAESAVisualización: Frank Summers (STScI); Simulación: Chris Mihos (CWRU) e Lars Hernquist (Harvard).Explicación: que ocorre cando colisionan dúas galaxias? Aínda que pode levarlle uns mil millóns de anos, semellantes titánicos estoupidos son bastante comúns. Non é probable que as estrelas do interior colisionen entre elas, xa que as galaxias son na maior parte espazo baleiro. Máis ben, a gravidade de cada galaxia distorsionará ou destruirá á outra galaxia, habendo a posibilidade de que as galaxias se poidan fusionar para formar unha única galaxia máis grande. O gas e as nubes de po en expansión colisionan e desencadean ondas de formación estelar que se completan incluso durante o proceso de interacción. Na imaxe superior hai unha simulación informática de dúas grandes galaxias espirais en colisión, intercaladas con imaxes reais tiradas polo Telescopio Espacial Hubble. A nosa propia Galaxia da Vía Láctea tivo que absorber varias galaxias máis pequenas durante a súa existencia e incluso prevese que se fusione coa súa veciña máis grande a galaxia Andrómeda nuns poucos miles de millóns de anos.

Texto orixinal no APOD.