Eclipse anular de Cabo York

ASE_McCarty3-3sc900

Créditos da imaxe & Copyright: Courtesy Cameron McCarty –
MWV Observatory, Coca-Cola Space Science Center, Columbus State Univ. Eclipse Team

Explicación: esta semana a sombra da Lúa Nova caiu sobre o planeta Terra, cruzando o Cabo York de Queensland no norte de Australia… por segunda vez en seis meses. Na mañá do 10 de maio o tamaño aparente da Lúa foi demasiado pequeno para cubrir completamente o Sol, mostrando un anel de fogo ao longo do sendeiro central da eclipse solar anular. Preto da metade da eclipse e, dende Coen, Australia, un equipo de transmisión por web tirou esta instantánea telescópica da fase anular. Tomada cun filtro de hidróxeno alfa a espectacular imaxe atopa a silueta da Lúa xusto no disco solar, e o limbo do activo Sol con prominencias solares. Ainda así, despois de dúas eclipses sucesivas o norte de Australia perderase a seguinte e derradeira eclipse solar de 2013. Este novembro, unha rara eclipse híbrida cruzará o Atlántico Norte e a África ecuatorial.

Texto orixinal no APOD.