Messier 77

Messier 77
Créditos da imaxe: NASAESAAndré van der Hoeven

Explicación:galaxia espiral M77, que ollamos de fronte, atópase a tan só 47 millóns de anos luz de distancia cara a acuática constelación Cetus. A esa distancia estimada, o marabilloso universo illa ten uns 100 miles de anos luz de diámetro. Tamén coñecida coma NGC 1068, o seu núcleo compacto e moi brillante está ben estudiado por astrónomos que exploran os misterios dos buratos negros supermasivos nas galaxias Seyfert activas. M77 tamén se observa en lonxitudes de onda de raios X, ultravioleta, infravermellos e radio. Pero esta fotografía definida en luz visible baseada en datos do Hubble segue os seus sinuosos brazos espirais perfilados polas nubes de po escurecido e rexións de formación estelar tinguidas de vermello preto do luminoso núcleo da galaxia.

Texto orixinal no APOD.