Os maiores telescopios da Terra investigan a GRB 130427A

grb130427a_fermi_1080

Illustration Credit: NASA, DOE, Fermi LAT Collaboration

Explanation: unha tremenda explosión ocorreu no universo próximo e os maiores telescopios ao longo da Terra están a investigala. Alcumada GRB 130427A, o estoupido de raios gamma foi ollado primeiro polos satélites Swift e Fermi, que orbitan a Terra, en altas enerxías, e rápidamente comunicado á Terra. En tres minutos o telescopio de medio metro ISON, en Novo México, atopou o estoupido en luz visible, sinalou a súa extrema luminosidade e transmitiu as coordenadas máis exactas. Nos seguintes minutos o correlato óptico estaba sendo esculcado por varios telescopios rapidamente reorientables, incluíndo o  telescopio P60 de 2,0 metros de California, o telescopio PAIRTEL de 1,3 metros de Novo México e o Faulkes Telescope North de 2,0 en Hawai. En dúas horas, o Gemini North telescope de 8,2 metros de Hawaii informou dun corremento ao vermello de 0,34, situando o estoupido a 470 millóns de anos luz, algo preto en termos cosmolóxicos. As imaxes previamente gravadas polos monitores de ceo completo do RAPTOR foron escaneadas e atopouse un equivalente óptico moi brillante, de magnitude 7,4 antes da detección do Swift. O sinal procedente do GRB 130427A, o máis brillante estoupido dos últimos anos, foi atopado en baixa enerxía de ondas de radio polo Very Large Array (VLA) e as enerxías máis altas foron rexistradas polo satélite Fermi. Neutrinos, ondas gravitacionais e telescopios destinados a detectar soamente fotóns de enerxía extremadamente alta están a comprobar os seus datos procedentes do sinal do GRB 130427A. Ilustrado na animación de enriba, o ceo completo en raios gamma móstrase momentaneamente dominado polo intenso resplandor do GRB 130427A. O seguemento do equivalente óptico será seguramente permanente xa que existe a posibilidade de que emerxa axiña o resplandor dunha supernova típica.

Texto orixinal no APOD.