Vista da Cala da Galaxia

Vía Láctea e unha cala agochada
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)Explicación: para mirar unha vista coma este requírese paciencia, habilidades de escalada e unha cámara. A paciencia necesitouse na procura do lugar exacto e en agardar polo momento correcto. As habilidades de escalada necesitáronse para chegar a esta pousadoiro accidentado sobre unha cala aillada en Julia Pfeiffer Burns State Park en California (EUA). E unha cámara necesitouse para a longa exposición requirida para salientar as luces tenues das estrelas e a nebulosa da galaxia Vía Láctea, ao fondo. O luar e un breve flash artificial alumearon a praia agochada e a enseada por tras dás árbores achegadas na fotografía composta superior realizada hai unhas dúas semanas. Normalmente escurecida, a  fervenza McWay pode verse xusto por baixo do centro da imaxe, mentres que o Océano Pacífico está nesta vista á dereita.

Texto orixinal no APOD.