As colas do cometa Lemmon

As colas do cometa LemmonCréditos da imaxe e copyright: Gerald RhemannExplicación: que provocou as tan interesantes e intrincadas colas que o Cometa Lemmon amosou a comezos deste ano? O primeiro de todo, precisar que todo cometa que se achega ao Sol amosa dúas colas: unha cola de po e unha cola de ións. A cola de po do Cometa Lemmon, visible por riba e ao redor do núcleo do cometa en branco cru, é producida pola luz solar que reflicte o po perdido polo núcleo arrequecido do cometa. Porén, a cola azul iónica de C/2012 F6 (Lemmon), longa, solta e máis esculpida, é creada polo vento solar que empurra os ións expulsados polo núcleo en dirección contraria ao Sol. Tamén é relevante a coma ollada ao redor do núcleo do Cometa Lemmontinguida de verde polo gas carbono atómico fluorescente á luz solar. A fotografía superior tirouse desde os escuros ceos de Namibia a mediados de Abril. O Cometa Lemmon está a atenuarse mentres se dirixe de volta cara o Sistema Solar exterior.

Texto orixinal no APOD.