Unha supercélula sobre Montana

Supercélula sobre MontanaCréditos da imaxe e copyright: Sean R. HeaveyExplicación: é unha nave espacial ou unha nube? Ainda que pode parecerse a unha nave nodriza alieníxena, realmente é unha impresionante nube de tormenta denomina una supercélula. Semellantes sistemas de tormentas colosais céntranse en mesociclóns; correntes en rotación de aire ascendente que poden abarcar varios quilómetros e ceibar chuvias torrenciais e ventos altos que inclúen tornados. Nubes esculturais e escarpadas adornan os bordos da supercélula, mentres o vento que varre o po e a chuvia dominan o centro. Unha árbore agarda con paciencia no primeiro plano. A nube de supercélula superior fotografouse en xullo ao oeste de Glasgow en Montana (EUA). Provocou danos menores e durou varias horas antes de seguir adiante.

Texto orixinal no APOD.