Eclipse húngara de primavera

Eclipse húngara de primavera

Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)Explicación: a semana pasada, mentres o Sol se puña unha Lúa Chea erguíase sobre a paisaxe primaveral de Tihany (Hungría), nas costas setentrionais do Lago Balaton. Mentres escalaba nuns ceos claros, a Lúa a penas rabuñaba a sombra escura, umbral, do planeta Terra na primeira eclipse lunar parcial do ano. A fase parcial, que se ve preto do cumio desta imaxe onde o disco lunar é escurecido ao longo do limbo superior, durou menos de 27 minutos. O cadro, composto a partires de exposicións consecutivas, presenta o rango de cores naturais da escena e un aparente sombreado sutil para o ollo. Na Lúa Nova da vindeira semana, a representación da sombra celeste da estación continuará cunha eclipse solar anular, na que o camiño da anularidade seguirá ao través do norte de Australia e o Pacífico central.

Texto orixinal no APOD.