Furacán de Saturno

Furacán de SaturnoCréditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA
Explicación: a cámara de ángulo estreito da sonda espacial Cassini, adquirindo as súas primeiras imaxes coa luz solar do extremo meridional de Saturno a finais do ano pasado, gravou esta imaxe abraiante do vórtice no polo norte do planeta dos aneis. A imaxe do infravermello achegado, en falsa cor, representa en tons vermellos as nubes baixas e en verdes as altas, facendo que o furacán do polo norte teña a aparenza dunha rosa. Este ollo de tormenta, enorme para os estándares dun furacán terrestre, ten uns 2.000 quilómetros de ancho, con nubes no bordo máis exterior viaxando a uns 500 quilómetros por hora O furacán do polo norte de Saturno xira no interior do gran deseño meteorolóxico de seis caras coñecido coma o hexágono. Naturalmente, en 2006 a Cassini tamén fotografou o furacán no polo sur de Saturno.

Texto orixinal no APOD.