Omega Centauri: o cúmulo globular máis brillante

Omega centauri: o cúmulo globular máis brillante
Créditos da imaxe e copyright: Joaquín Polleri e Ezequiel Etcheverry (Observatorio Panameño en San Pedro de Atacama)Explicación: esta enorme bola de estrelas é moito anterior ao noso Sol. Moito antes de que a humanidade evolucionra, antes de que os dinosaurios vagaran e incluso antes de que a nosa Terra existira, os antigos globos de estrelas condensaron e orbitaron unha moza Galaxia da Vía Láctea. Dos 200, aproximadamente, cúmulos globulares que sobreviven hoxe, Omega Centauri é o máis grande, contendo uns dez millóns de estrelas. Omega Centauri tamén é o cúmulo globular máis brillante, cunha magnitude visual aparente de 3,9 é visible para os observadores meridionais a simple vista. Catalogado coma NGC 5139, Omega Centauri está a uns 18.000 anos luz de distancia e ten 150 anos luz de diámetro. A diferenza de moitos outros cúmulos globulares, as estrelas de de Omega Centauri amosan varias idades e trazas de abundancias químicas diferentes, indicando que o cúmulo estelar globular ten una historia complexa durante os seus 12 mil millóns de anos de idade.

Texto orixinal no APOD.