A aguia e o cisne

A aguia e o Cisne
Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet)
Explicación: a Nebulosa Aguia e a Nebulosa Cisne espállanse por esta ampla paisaxe estelar, unha imaxe telescópica do brazo espiral Sagittarius cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. A Aguia, tamén coñecida coma M16, está a esquerda, por riba do centro, e o Cisne, ou M17 na parte inferior dereita. A fonda imaxe de amplo campo amosa as nubes cósmicas coma rexións máis brillantes de formación estelar activa. Atópanse ao longo do brazo espiral cubertas coa característica emisión avermellada de gas de hidróxeno atómico e nebulosas escuras poeirentas. De feito, o centro de ámbalas dúas nebulosas son localizacións de imaxes en primeiro plano ben coñecidas de formación estelar feitas polo Telescopio Espacial Hubble. M17, tamén denominada a Nebulosa Omega, está a uns 5.500 anos luz de distancia, mentres que M16 está a uns 6.500 anos luz. No cadro, que abarca 3 graos do ceo, as ás despregadas da Nebulosa Aguia esténdense uns 120 anos luz.

Texto orixinal no APOD.