A Humanidade explora o Sistema Solar

A humanidade expolar o Sistema Solar Créditos da ilustración e licenzaOlaf Frohn (The Planetary Society)Explicación: que sonda espacial está a empregar a humanidade na actualidade para explorar o noso Sistema Solar? Agora, cada planeta interior conta con polo menos un explorador robótico, mentres que outros cantos están a monitorizar o noso Sol, algúns están a cartografar a Lúa da Terra, uns poucos están á caza de asteroides e cometas, un anda a orbitar Saturno e varios incluso partiron cara o espazo profundo. A ilustración superior aporta máis detalles, co Sistema Solar interior representado arriba á dereita e o Sistema Solar exterior na parte inferior esquerda. Dada a armada presente, a nosa época actual podería chegar a ser coñecida como o momento cando a humidade explosou por primeira vez o seu propio sistema estelar. Ás veces, sondas espaciais moi afastadas actúan xuntas coma unha Rede InterPlanetaria para determinar a dirección de explosións distantes captando cando cada sonda detecta fotóns de elevada enerxía. Os chanzos futuros das sondas espaciais, como se indica ao longo do fondo do gráfico, inclúe a Dawn chegando a Ceres, o meirande obxecto do cinto de asteroides, e á New Horizons chegando a Plutón, ambas en 2015.

Texto orixinal no APOD.