A Vía Láctea e a árbore de pedra


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

 Image Credit & Copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias)
Explanation: que é iso que está preto da Vía Láctea? Unha estraña formación de rocha natural coñecida coma o Roque Cinchado ou a Árbore de Pedra, atopada na española Illa Canaria de Tenerife. Un icono famoso, o Roque Cinchado probablemente sea un denso taponamento de magma volcánico arrefriado que fica despois de que as rochas dos arredores se fosen erosionando máis suavemente. Maxestuosamente, a banda central da nosa Galaxia Vía Láctea é visible arqueándose pola dereita do mosaico superior panorámico de sete imaxes tiradas durante o verán de 2010. No extremo dereito está o volcán do Teide rematado cunha nube lenticular pendurada preto do cumio.

Texto orixinal no APOD.