O Sharp en estéreo

PIA16925_MtSharpStereo900c

Image Credit: NASAJPL-Caltech MSLExplicación: pega dos teus lentes vermellas/azuis e olla por todo o chan do cráter Gale en Marte. Desde o teu miradoiro na cuberta do todoterreo Curiosity o Monte Sharp, a montaña central do cráter de 5 quilómetros de altura ameaza o horizonte meridional. No primeiro plano e en equilibrio atópase o brazo robótico do todoterreo coa torreta de ferramentas extendida cara o anaco plano nervado de superficie marciana alcumado “John Klein”. Unha versión completa da imaxe en estéreo abarca 360 graos, unida dixitalmente a partires dos fotogramas das cámaras esquerda e dereita do todoterreo tiradas o pasado xaneiro. As pendentes estratificadas máis baixas do Monte Sharp, denominado formalmente coma Aeolis Mons, son o destino futuro do Curiosity.

Texto orixinal no APOD.