Un ano no Sol

743348main_SDOTimelapse_Sun_900
Créditos da imaxe: NASASolar Dynamics Observatory
Explicación: miasmas de plasma incandescente do noso sistema solar, o Sol pode parecer un pouco arrepiante aquí. A imaxe é unha composición de 25 fotografías gravadas en luz do ultravioleta extremo polo Solar Dynamics Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) en órbita entre o 16 de abril de 2012 e o 15 de abril de 2013. A particular lonxitude de onda da luz, 171 angstroms, amosa a emisión dos átomos de ferro altamente ionizados da coroa solar a unhas temperaturas típicas duns 600.000 kelvins (aproximadamente 1 millón de graos C). As rexións solares activas, que cinguen ambos lados do ecuador durante o achegamento ao máximo no seu ciclo solar de 11 anos, están amalloadas con bucles e arcos brillantes ao longo das liñas de campo magnético. Por suposto, unha imaxe en luz visible, máis familiar, amosa as brillantes rexións activas coma grupos de dmanchas solares escuras. Neste curto vídeo aparecen comprimidas tres anos de fotografías do Solar Dynamics Observatory.

Texto orixinal no APOD.