Eclipses lunares

Eclipses lunaresCréditos da imaxe e copyright: Igor Vin’yaminovExplicación: Ta sombra escura e máis interior do planeta Terra denomínase a  umbra. Cunha forma semellante a un cono que se estende polo espazo, ten unha corte transversal circular e é visible de xeito máis doado durante unha eclipse lunar. Pero o corte transversal completo é máis grande que o tamaño angular da Lúa nas etapas dunha eclipse. Así, esta matinada composición ilustra a extensión completa da sombra circular empregando imaxes procedentes tanto de eclipses parciais coma totais, pasando ao través de partes diferentes da umbra. As fotografías abarcan os anos entre 1997 e 2011, captadas dilixentemente coa mesma óptica, desde Voronezh (Rusia). Ao longo da parte de abaixo e de arriba están as etapas das eclipses lunares parciais de setembro de 2006 e agosto de 2008 respectivamente. Á dereita da fotografía de abaixo, a Lúa está a entrar na umbra dunha eclipse todal de setembro de 1997. Á esquerda, a Lúa deixa a umbra trala totalidade en maio de 2004. No medio á dereita, no centro e á esquerda, as etapas da eclipse total de xuño de 2011, incluindo o fase central e total nun vermello escuro. Durante a breve eclipse parcial lunar de hoxe que se ollou só deste o hemisferio leste, a Lúa só rabuñara lixeiramente o bordo inferior da umbra.

Texto orixinal no APOD.