Escorrer unha toalla húmida en órbita

Créditos do vídeo: CSA, ASCExpedition 35Explicación: que sucede se escorres unha toalla húmida mentres flotas no espazo? A auga non debería caer cara o chan porque, mentres orbitas a Terra, os obxectos en caída libre parecen flotar. Pero despegará a auga da toalla ou que? A resposta pode abraiarte. Para averigualo e para amosar ademais como de estraño pode ser estar en órbita, na Expedición 35 o Comandante Chris Hadfield fixo precisamente este experimento a semana pasada na microgravidade da Estación Espacial Internacional en órbita da Terra. Como se demostra no vídeo superior, aínda que unhas poucas gotas se botarán a voar, a maior parte da auga apégase unida e forma unha funda cunha estraña forma cilíndrica ao redor da toalla. A tensión superficial auto-adherente da auga coñécese ben na Terra, por exemplo ao usarse para crear fervenzas artísticas de auga e, en xeral, nas pingas de chuvia.

Texto orixinal no APOD.