A nebulosa Cabeza de Cabalo en infravermello dende o Hubble

horseheadir_hubble_1225Créditos da imaxe: NASA, ESA, e o  The Hubble Heritage Team (STSci/AURA)

Explicación: mentres vai á deriva polo cosmos, unha magnífica nube de poeira interestelar é convertida polos ventos estelares e a radiación ata acadar unha forma recoñecible. Correctamente chamada nebulosa Cabeza de Cabalo, atópase inserida na vasta e complexa nebulosa de Orión (M42). Un obxecto potencialmente gratificante pero difícil de ver persoalmente cun pequeno telescopio, a marabillosamente detallada imaxe de enriba foi tirada recentemente en luz infravermella polo telescopio orbital Hubble en honra do 23 aniversario do lanzamento do Hubble. A escura nube molecular, a uns 1.500 anos luz de distancia está catalogada como Barnard 33 e óllase enriba principalmente porque está iluminada por detrás pola cercana estrela masiva Sigma Orionis. A nebulosa Cabeza de Cabalo cambiará lentamente o seu aspecto aparente nos vindeiros millóns de anos e será finalmente destruída pola luz de alta enerxía das estrelas.

Texto orixinal no APOD.