O Setestrelo


Mira a explicación. Move o cursor sobre a fotografía e conseguirás unha versión anotada. Premendo na imaxe conseguirás a versión de máxima resolución dispoñible.

Créditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicación: o ves? Esta pregunta habitual precede frecuentemente ao re-descubrimento dunha das configuracións de estrelas recoñecidas máis a miúdo do ceo setentrional: o Setestrelo ou Carro Maior (N.T.: o Gran Cazo no inglés orixinal). Este agrupamento de estrelas é unha das poucas cousas que probablemente vexan e verán todas as xeracións. O Gran Carro non é por si mesmo unha constelación. Aínda que parte da constelación da Osa Maior (Ursa Major), o Setestrelo e un asterismo que se coñece con diferentes nomes en sociedades diferentes. Cinco das estrelas do Setestrelo están realmente preto unhas de outras no espazo e probablemente se formaron ao mesmo tempo. Ao conectar dúas estrelas na parte afastada do Carro Maior conducirate a Polaris, a Estrela do Norte, que é parte do Carro Pequeno. Os movementos estelares relativos farán que o Carro Maior cambie lentamente a súa cofiguración aparente durante os vindeiros 100.000 anos.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “O Setestrelo

  1. Según as fontes consultadas, atopamos a denominación de “setestrelo” tanto para falar do Carro Maior ou o Gran Carro como para as Pléiades. Neste caso, optamos pola primera versión atendendo á:
    – pensamos que o asterismo das sete estrelas da Osa Maior son máis distinguibles e, por tanto, máis importantes no imaxinario galego popular,
    – o Carro Maior obsérvase todo o ano mentres que as Pléiades non.
    – non temos referencias de que a contemplación das pléiades supuxera algún momento relevante no calendario anual. Por exemplo, que o momento da súa primeira aparición no ceo coincidira con algún momento estacional importante. A este respecto, resulta curioso o Disco de Nebra aparecido recentemente na Alemaña.

    Tedes algún comentario ou experiencia a estes respectos?

Os comentarios están pechados.