Luminescencia, Gegenschein e Vía Láctea

Luminiscencia, gegenschein e Vía LácteaImage Credit & Copyright: Yuri Beletsky (Las Campanas Observatory, Carnegie Institution) Explicación: tan lonxe como chega a vista, era unha noite escura no Observatorio Las Campanas no deserto meridional de Atacama en Chile. Pero preto da medianoite local do 11 de abril, este mosaico de exposicións de 3 minutos de duración desvelou unha green, unusually intense, luminescencia atmosférica verde e estrañamente intensa, estirándose sobre as nubes finas. A diferenza das auroras que son alimentadas polas colisións con partículas cargadas que se dan en altitudes elevadas, a luminescencia (airglow no inglés orixinal) débese á quimioluminescencia, a produción de luz nunha reacción química, e atópase por todo o globo. A enerxía química a proporciona a radiación ultravioleta extrema do Sol. Coma as auroras, os tons verdellos desta luminescencia orixínase a altitudes de 100 quilómetros máis ou menos, dominados pola emisión dos átomos de osíxeno excitados. O gegenschein, luz solar reflectida polo po ao longo do plano da eclíptica do Sistema Solar, aínda era visible nesa noite, unha tenue nube azulada xusto á dereita do centro da imaxe. No extremo dereito, a Vía Láctea semella erguerse desde o cumio da montaña que aloxa os telescopios Magellan. Á esquerda está as cúpulas do proxecto OGLE e do telescopio du Pont.

Texto orixinal no APOD.