NGC 1788 e os Bigotes da Bruxa

NGC 1788 e os bigotes da bruxa
Créditos da imaxe e copyright: John DavisExplicación: esta paisaxe celeste atopa un balance estético de po e gas interestelar que reside nos arrabais da constelación, rica en nebulosas, de Orión. Reflectindo a luz da brillante estrela Rigel, Beta Orionis, o queixo prominente a axulado da Nebulosa da Cabeza da Bruxa está no extremo superior esquerda.Os bigotes marcan o brillo vermello do gas hidróxeno ionizado pola luz estelar ultravioleta parecen conectar esa infame faciana coas nebulosas máis pequenas, como a poeirenta nebulosa de reflexión NGC 1788 na dereita. Os potentes ventos das estrelas brillantes de Orión tamén lle deron forma a NGC 1788, e probablemente desencadearon a formación de estrellas novas no seu interior. and likely triggered the formation of the young stars within. Axeitada pola súa localización, NGC 1788 semella dalgunha forma a un morcego cósmico. A escena abarca uns 3 graos do ceo ou 6 lúas cheas.

Texto orixinal no APOD.