Fábrica de estrelas Messier 17

Fábrica de estrelasCréditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope,
Datos de cor: Wolfgang PromperProcesado: Robert Gendler

Explicación: a fábrica de estrelas coñecida coma Messier 17esculpida polos ventos estelares e a radiación, atópase a uns 5.500 anos luz de distancia na constelación Sagittarius, rica de nebulosas. A esa distancia, esta imaxe de un grao de ancho abarca case 100 anos luz. Nesta imaxe definida, composta e en cor, que emprega datos de telescopios espaciais e ubicados en terra, dedúcense detalles tenues do gas da rexión e as nubes de po contra un fondo da Vía Láctea central cheo de estrelas. Os ventos estelares e a potente luz procedente das estrelas quentes e masivas formadas desde o almacén de gas e po cósmicos de M17 escavaron lentamente nos restos de material interestelar producindo a aparencia cavernosa e formas onduladasM17 tamén é coñecida coma a Nebulosa Omega ou a Nebulosa Cisne.

Texto orixinal no APOD.