O monte Hood e unha nube lenticular

Monte Hood e nubes lenticularesCréditos da imaxe e copyright: Ben CanalesExplicación: que tipo de nube está preto desa montaña? Unha do tipo lenticular. Este tipo de nube fórmase no aire que pasa sobre unha montaña, érguese de novo e arrefría pasado o punto de rocío; ese no que a auga molecular que transporta no aire condénsase en pingas de auga. A natureza en estratificada dalgunhas nubes lenticulares poden facer que parezan nalgún caso coma grandes naves espacial extraterrestres. Neste caso, a montaña fotografada é o Monte Hood ubicado en Oregón (EUA). As nubes lenticulares só poden formarse cando as condicións son as axeitadas; por exemplo esta é a primeira vez que este astrofotógrafo viu unha nube lenticular pola noite preto do Monte Hood. A fotografía superior realizouse a mediados de marzo unhas dúas horas antes do mencer.

Texto orixinal no APOD.