IC 1848: a nebulosa Alma

soul_andersson_2048

Créditos da imaxe e copyright: Bob Andersson

Explicación: hai estrelas a formarse na Alma da raíña de Etiopía. Máis concretamente, unha gran rexión de formación estelar chamada nebulosa Alma pode atoparse en dirección á constelación Casiopea, á cal a mitoloxía grega identifica como a volúbel esposa dun rei que gobernou hai tempo as terras que arrodean o alto Nilo. A nebulosa Alma contén varios cúmulos estelares aberto, unha gran fonte de radio coñecida como W5, e enormes burbullas formadas polos ventos de xoves estrelas masivas. Situada a 6.500 anos luz, a nebulosa Alma abrangue preto de 100 anos luz e é habitualmente fotogragada xunto á súa veciña celeste, a nebulosa Corazón (IC 1805). A imaxe de enriba aparece maiormente vermella debido á emisión dunha cor específica de luz procedente da gas hidróxeno excitado.

Texto orixinal no APOD.