Neptuno e Tritón en crecente

neptunetriton_voyager_800

Créditos da imaxe: Voyager 2, NASA

Explicación: deslizándose quedamente ao través do Sistema Solar máis exterior, cámara da nave espacial captou a Neptuno e a Tritón xuntos nunha fase crecente en 1989. A elegante imaxe do planeta xigante gasoso e a súa  anubrada lúa foron tomadas desde detrás xustro despois da aproximación máis achegada. Non se podía ter realizado desde a Terra debido a que Neptuno nunca amosa unha fase crecente por estar sempre cara ao Sol desde a nosa perspectiva. O privilexiado punto de vista tan estraño tamén lle rouba a Neptuno ás súas familiares cores azuis, xa que a luz solar vista desde aquí difúndese cara adiante e, por iso, está avermellada coma nun solporNeptuno é máis pequeno pero máis masivo ca Urano, conta con varios aneis escuros e emite máis luz da que recebe do Sol.

Texto orixinal no APOD.