Sol con labarada solar

Sol con labarada solarCréditos da imaxe: NASA Solar Dynamics ObservatoryExplicación: esta semana o Sol adicou a súa labarada solar máis potente ata o de agora no 2013, acompañada por unha exección de masa coronal (CME) dirixida cara o planeta Terra. Unha imaxe composta en falsa cor en luz do ultravioleta extremo procedente do Solar Dynamics Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) capta o momento, gravado o 11 de abril ás 07:11 UTC. O flash, unha moderada labarada solar de clase 6.5 que entrou en erupción desde a rexión activa AR 11719, está preto do centro do disco solar. Outras rexións activas, zonas de campos magnéticos intensos que se observan coma grupos de manchas solares en luz visible, enchen de máculas a superficie mentres chega o máximo solar. Bucles e arcos de plasma brillante perfilan as liñas de campo magnético das rexións activas. Unha nube enorme de potentes partículas cargadas, a CME, baterá na magnetosfera da Terra esta fin de semana e os observadores celestes deberían estar alerta á aparición de auroras.

Texto orixinal no APOD.