A cidade escura

A cidade escura
Créditos da imaxe e copyrightPhoto Thierry Cohen / Cortesía Danziger Gallery, New YorkExplicación: nunha vista evocadora que poida que nunca vexas, as estrelas brillantes e a Vía Láctea central érguense sobre a escura silueta da cosmopolita Pudong en Shanghai, China. Mirando ao leste ao través do Río Huangpu, a paisaxe urbana inclúe a Torre Pérola Oriental de Pudong con 470 metros de altura. O ceo nocturno estírase desde Antares e as estrelas de Scorpius no extremo dereito, deica Altair en Aquila na esquerda. Para crear a visión dunha abraiante realidade, parte dunha serie de Cidades Escuras, o fotógrafo Thierry Cohen combinou unha imaxe á luz do día da silueta da cidade cunha imaxe coa mesma orientación desde unha rexión de ceos escuros coa mesma latitude, xusto ao oeste de Merzouga (Marrocos). O resultado descobre o ceo nocturno que horas antes se movía trazando un arco sobre  Shanghai, pero rmergullada nas luces dunha cidade por riba do mar.

Texto orixinal no APOD.