O vixía da Estación Espacial


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Chris Hadfield (CSA); Axudante de anotacións: Vincent BersethExpliación: se botas unha ollada pola xanela lateral da Estación Espacial Internacional, que poderías ver? Se foras o enxeñeiro de voo Chris Hadfield, da Expedición 34, e estiveras a ollar por unha das xanelas do Módulo de Investigación Kibo do Xapón o 26 de febreiro, poderías ter a vista superior. Ao lonxe atópase a escuridade do espazo exterior e o azul planeta Terra. Os obxectos grandes da ISS inclúen os paneis solares grandes que se estiran diagonalmente desde a parte superior esquerda e a cámara de descompresión cilíndrica do Módulo de Presurización que ocupa a parte inferior dereita. Tamén aparecen visibles e etiquetadas numerosas portas e plataformas da estación espacial nunha imaxe anexa anotada. É de reseñar o que parece ser unha lavadora – secadora cara a esquerda da imaxe, que realmente son as plataformas de investigación HREP da NASA (máis preto) e MCE da JAXA (máis lonxe). A experimento cuberto cunha lamia dourada na parte traseira do HREP é o Remote Atmospheric and Ionospheric Detection System (RAIDS ou Sistema de Detección Atmosférica e Ionosférica Remota) que vixila a luminiscencia nocturna, entres que MCE inclúe Global Lightning and Sprite Measurements (JEM-GLIMS ou Medidas Globais de Lóstregos e Espectros Vermellos), instrumento que vixila as descargas eléctricas atmosféricas. A tripulación da actual Expedición 35 está mandada agora polo Coronel Hadfield e ten programa ficar a bordo da estación espacial ata maio.

Texto orixinal no APOD.