NGC 3132: a Nebulosa do Anel meridional

ngc3132: nebulosa anular do surCréditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado – Donald WaidExplicación: é unha estrela tenue, non unha brillante, preto do centro de NGC 3132 que creou esta estraña pero fermosa nebulosa planetaria. Alcumada a Nebulosa de Oito-Estalos e a Nebulosa do Anel Meridional, o gas brillante orixinouse nas capas máis exteriores dunha estrela coma o noso Sol. Nesta fotografía reprocesada en cor, a quente piscina purpúrea de luz vista arrodeando este sistema binario está a ser animado pola superficie quente da estrela débil. Aínda que se fotografou para explorar as estrañas simetrías, son as simetrías as que contribúen a facer esta nebulosa planetaria tan intrigante. Nin a forma estraña da capa externa máis fría nin a estrutura e localización dos corredores de po cheos de filamentos fríos que atravesan NGC 3132 se comprenden ben.

Texto orixinal no APOD.