Unha táboa de busca do corremento ao vermello para o noso Universo

Táboa de busca de corrementos ao vermello do noso Universo
Créditos da imaxe: Sergey V. Pilipenko (LPIMIPT)Explicación: como de lonxe é un “corremento ao vermello seis”? Aínda que os humanos están familiarizados inherentemente coa distancia e o tempo, o que realmente se mide para os obxectos astronómicos é o corremento ao vermello, un desprazamento da cor que depende exactamente de como a densidade da enerxía evolucionou no noso Universo. Agora que as medidas cosmolóxicas dos últimos anos levaron a unha concordancia sobre que formas de enerxía dominan o noso Universo, agora é posible crear unha táboa sinxela que relaciona os corrementos ao vermello cosmolóxicos ollados, etiquetados coma “z”, cos conceptos estándar de distancia e tempo, incluíndo o tempo extrapolado desde que comezou o Universo. Unha táboa coma esa enumérase máis arriba, onde o corremento ao vermello z indícanse nas columnas primeira e última, mentres que a idade do Universo correspondente en miles de millóns de anos figura na columna central. Para atopar o significado do resto das columnas, le por favor o artigo técnico adjunto. Aínda que as estrelas da nosa galaxia está efectivamente a un corremento ao vermello cosmolóxico nulo, as supernovas máis afastadas óllanse  que ocorreron no pasado a un corremento ao vermello de un, que no diagrama superior amósase como ocorrido cando o Universo tiña aproximadamente a metade da súa idade actual. Por contra, os estoupidos de rayos gamma ollados ata agora ocorren máis alá do corremento ao vermello six, cando o Universo era máis novo ca mil millóns de anos, menos do 10 por cento da súa idade actual.

Texto orixinal no APOD.