O Saturno da Lúa

O Saturno da LúaCréditos da imaxe e copyright: Jens HackmannExplicación: precisamente uns días despois de compartir o ceo do serán occidental con Venus en 2007, a Lúa mudouse a Saturno; en realidade, pasou por diante do planeta anelado Saturno según se ve no ceo sobre Europa, África do norte e Asia occidental. Debido a que tanto a Lúa como os planetas brillantes deambulan ao través do ceo preto do plano da eclíptica, tales acontecementos de ocultación non son pouco comúns, pero son espectaculares, sobre todo mirándoos polo telescopio. Por exemplo, nesta imaxe definida cáptase a Saturno emerxendo desde detrás da Lúa, dando a ilusión de que se atopa xusto máis alá do brillante bordo da Lúa. Por suposto, a Lúa está a tan só 400 milleiros de quilómetros de distancia, comparados coa distancia de SAturno de 1,4 miles de millóns de quilómetros. Tirada cunha cámara dixital e un telescopio de 20 polgadas de diámetro no Observatorio Weikersheim ao sur de Alemania, a fotografía consiste nunha soa exposición axustada para reducir a diferencia no brillo entre Saturno e a superficie lunar chea de cráteres.

Texto orixinal no APOD.