A Terra no crepúsculo

A Terra no crepúsculoCréditos da imaxe: ISS Expedition 2 CrewGateway to Astronaut Photography of EarthNASAExplicación: unha fronteira definida, non imprevista, marca o paso do día á noite nesta imaxe marabillosa do océano e as nubes por riba do noso fermoso planeta Terra. Por contra, a liña de sombra (ou terminador) é difusa e amosa a transición gradual cara a escuridade que experimentamos durante o ocaso. Co Sol alumeando a escena desde a dereita, as partes altas das nubes reflicten pouco a pouco a luz solar avermellada e filtrada ao través da troposfera poeirenta, a capa máis baixa da maternal atmósfera do planeta. Unha clara capa de elevada altitude, visible ao longo do límite superior da parte diurna difunde a luz solar azul e difumínase na negrura do espazo. En realidade, esta imaxe é unha única fotografía dixital tirada en xuño do 2001 desde a Estación Espacial Internacional en órbita a unha altitude de 211 millas náuticas (390 quilómetros).

Texto orixinal no APOD.