O cometa do norte

O cometa do norteCréditos da imaxe e copyrightP-M Hedén (Clear SkiesTWAN)Explicación: parécese a un cometa dobre, pero o Cometa PanSTARRS (C/2011 L4) só está a ofrecer aos observadores celestes un momento Messier. Destinado ao exterior e debilitándose nesta escena estrelada, o cometa tan fotografado destaca pola súa semellanza en brillo a M31, a Galaxia Andrómeda. O cometa, seguindo ao través dos ceos setentrionais xusto por baixo da galaxia, captouse cando chegaba a medianoite local o 3 de abril. Tanto o cometa coma a galaxia eran visibles a simple vista e estaban inmersos no tenue brillo das luces do norte mentres a nosa propia Vía Láctea forma o seu arco por riba dun campo nevado preto de Tänndalen (Suecia). O dobre cúmulo estelar h e chi Persei pode descubrirse ao longo do arco da Vía Láctea no alto por riba da parella cometa/galaxia. Segue o arco ata a brillante Deneb, a estrela alfa da constelación Cygnus, no bordo dereito do recadro.

Texto orixinal no APOD.