O cometa PANSTARRS e a galaxia de Andrómeda

O cometa panstarrs e a galaxia AndrómedaCréditos da imaxe e copyright: Smilyk Pavel
Explicación: actualmente o cometa PANSTARRS está a pasar case por diante da galaxia Andrómeda. Por casualidade, tanto o cometa coma a galaxia parecen estar agora xusto do mesmo tamaño angular. En tamaño físico, incluso aínda que o cometa PANSTARRS é realmente o obxecto máis grande do Sistema Solar cunha cola que abarca unhas 15 veces o diámetro do Sol, todavía é unhas 70 mil millóns de veces máis pequeno cá galaxia de Andrómeda (M31). A imaxe superior tirouse hai uns poucos días preto de Syktyvkar (Russia). Mentres o C/2011 L4 (PANSTARRS) na parte inferior esquerda recúa desde o Sol e se debilita, está volvendo á dirección cara o norte de onde viña. Non se sabe actualmente cando volverá o cometa, aínda que daquela poida que os humanos estean fusionados con computadoras.
Texto orixinal no APOD.