IC 4592: a nebulosa de reflexión Cabeza de Cabalo Azul

A nebulosa de reflexión cabeza de cabalo azulCréditos da imaxe e copyright: Scott RosenExplicación: ves a cabeza de cabalo? O que estás a ollar non é a famosa nebulosa Cabeza de Cabalo en Orión senón tan só unha nebulosa máis tenue que só toma unha forma familiar cun fotografado máis profundo. A parte principal do complexo de nubes moleculares fotografadas máis enriba é unha nebulosa de reflexión catalogada coma IC 4592. As nebulosas de reflexión están feitas realmente de po foi fino que normalmente aparece escuro pero que podes ollar tirando a azul cando reflicte a luz das potentes estrelas achegadas. Neste caso, a fonte de gran parte da luz reflectida é unha estrela no ollo do cabalo. Esa estrela é parte de Nu Scorpii, un dos sistemas estelares máis brillantes cara a constelación do Escorpión, Scorpius. Unha segunda nebulosa de reflexión denominada IC 4601 está visible ao redor de dúas estrelas na parte superior dereita do centro da imaxe.

Texto orixinal no APOD.