A ampla cola de PanSTARRS


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyrightLorenzo Comolli – Transparencia modelo: Marco Fulle (INAF)Explicación: para os observadores celestes do hemisferio norte o Cometa PanSTARRS (C/2011 L4), que se vai debilitando, aínda pendura por riba do horizonte occidental, tralo solpor pero antes de que saia a Lúa nos próximos días. A súa perspectiva desde o planeta Terra continúa a desvelar a ampla cola de po do cometa. Esta longa exposición de seguimento do cometa, feita o 21 de marzo, foi resaltada para amosar as estrías sutís e extraordinarias da cola do PanSTARRS. Sitúa o teu cursor sobre a imaxe (ou preme aquí) para amosar unha transparencia da cola do cometa cunha rede modelo de síncronas e syndynes. As síncronas (liñas longas punteadas) trazan a situación dos grans de po liberados desde o núcleo cometario ao mesmo tempo e con velocidade nula. As liñas síncronas sucesivas están separadas por un día e empezan na parte baixa, 10 días antes do paso do cometa polo perihelio o 10 de marzo. As syndynes (liñas continuas) amosan a situación dos grans de po do mesmo tamaño, tamén liberados a velocidade nula. Os grans de po de 1 micra de grosor sitúanse ao longo da syndyne superior. A anchura do gran aumenta no sentido das agulla do reloxo ata grans de 500 micras de anchura ao longo da syndyne case paralela á órbita do cometa (liña curta punteada ao través da ubicación do núcleo). No modelo, asumiuse que as forzas que actúan sobre os grans son a gravidade e a presión da luz solar. As estrías periódicas na cola do PanSTARRS semellan seguir moi de preto o modelo de liñas síncronas.

N.T. no orixinal úsanse os termos “synchrones” e “syndynes”. Deixouse o segundo sen traducir por non atopar equivalencia nin en galego nin en castelán. En documentos en francés tamén se conserva esta nomenclatura, sen tradución.

Texto orixinal no APOD.