En primeira fila con Rhea

En primeira fila con Rhea Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA
Explicación: as lúas saturnianas, que orbitan no plano dos aneis de Saturno, teñen unha visión privilexiada perpetua do xigante planeta gasoso. Por suposto, mentres pasa preto do plano dos aneis a sonda espacial Cassini tamén comparte a súa abraiante perspectiva. Os propios aneis delgados cortan por todo o medio desta instantánea da  Cassini de abril de 2011. A escena apunta cara o lado nocturno de Saturno, á esquerda no fotograma, e ao lado dos aneis alumeados por unha queda luz solar desde xusto a parte superior do plano anular. No centro, con uns 1.500 quilómetros de diámetro, Rhea é a segunda lúa de Saturno máis grande, sendo a máis achegada á nave espacial, a uns 2,2 millóns de quilómetros de distancia. Á dereita de Rhea, o relucente Enceladus con 500 quilómetros de diámetro está a uns 3 millóns de quilómetros de distancia. Dione, de 1.770 quilómetros de ancho, está a 5 millóns de millas da cámara da Cassini á esquerda, parcialmente oculta polo lado escuro de Saturno.

Texto orixinal no APOD.