Desenguedellando a NGC 3169

Desenguedellando a NGC 3169

Créditos da imaxe e copyrightAdam BlockMt. Lemmon SkyCenterUniversity of ArizonaExplicación: a brillante galaxia espiral 3169 semella estar desenguedellada nesta escena cósmica, representada a uns 70 millóns de anos luz de distancia xusto por baixo da brillante estrela Regulus cara a feble constelación Sextans. Os seus fermosos brazos espirais son perturbados por colas de marea que os varren xa que NGC 3169 (esquerda) e a súa veciña NGC 3166 interactúan gravitatoriamente, un destino común incluso para as galaxias brillantes do universo local. De feito, os arcos estelares e os penachos alongados, indicativos das interaccións gravitatorias, semellan inzar a fonda e colorida foto do grupo galácticoA imaxe abarca 20 minutos de arco ou uns 400.000 anos luz á distancia estimada do grupo e inclúe a NGC 3165, á dereita, máis pequena e feble.. NGC 3169 tamén é coñecida por brillar ao través o espectro desde o radio ata os raios X, albergando un núcleo galáctico activo que probablemente sexa o lugar dun burato negro supermasivo.

Texto orixinal no APOD.