Arco da vella no horizonte de París

Arco da vella no horizonte de París
Créditos da imaxe e copyright: Bertrand Kulik
Explicación: por que está este horizonte tan colorido? Porque ao lado contrario do Sol está a chover. O que está fotografado máis arriba é realmente tan só un arco da vella común. A súa aparencia non tan común está débese a que o Sol está extraordinariamente alto no ceo durante a creación do arco da vella. Xa que o centro de todo arco da vella ten que estar exactamente en oposición ao Sol, un Sol alto reflectíndose ao través dunha chuvia afastada producira un arco da vella baixo para o que só a parte do cumio é visible; debido a que o resto do arco da vella está por baixo do horizonte. Aínda máis, dous observadores non poden ver exactamente o mesmo arco da vella; cada persoa está ela mesma exactamente entre o Sol e o centro do arco da vella, e cada observador ve a banda circular colorida a 42 graos exactos do centro do arco da vella. A imaxe superior que recolle a Torre Eiffel tirouse a semana pasada en ParísFrancia. Aínda que as tormentas intermitentes duraron gran parde do día, o harco da vella do horizonte durou só uns poucos minutos.

Texto orixinal no APOD.