Islandia: fervenzas, auroras e un cometa

aurorafallscomet_vetter_1300

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Vetter (Nuits sacrees)

Explicación: se un non se distraira coa pintoresca paisaxe, as fervenzas, as estrelas e as auroras, podería ser quen de atopar o cometa PANSTARRS. A imaxe de enriba, que captura múltiples maravillas terrestres e celestes con un simple disparo, foi tirada a semana pasada suroeste de Islandia. As populares fervenzas de Gullfoss aparecen retratadas baixo as brillantes auroras que wseguiron á labarada solar de clase M1e a poderosa exección de masa coronal dous días despois. Renuncias a atopar o cometa? O cometa PANSTARRS é feblemente visible como un pequeno punto de luz xusto enriba do horizonte cara á esquerda da imaxe superior. O cometa mantense más directamente visible para os observadores do norte con prismáticos ollando cara o ceo occidental xusto despois do solpor.

Texto orixinal no APOD.