Mapas do fondo de microondas do Planck

cmbr_planck_3600

Crédito da imaxe: European Space Agency, Planck Collaboration

Explicación: de qué está feito o noso universo? Para axudar a averigualo, a ESA lanzou o satélite Planck para mapear, con un detalle sen precedentes, as pequenas diferencias de temperatura na máis vella superficie coñecida, o ceo de fondo que quedou hai centos de miles de millóns de anos atrás cando o noso universo por primeira vez fíxose transparente á luz. Visible en todas as direccións, este fondo de microondas cósmico é un complexo tapiz que que soamente pode mostrar os patróns fríos e quentes observados dos específicos tipos de enerxía que que evolucionaron en ondas concretas. Os resultados, que foron feitos públicos a semana pasada, confirman de novo que a maior parte do noso universo componse maioritariamente dunha misteriosa e descoñecida enerxía escura, e que incluso a maior parte da enerxía da materia restante é estranamente escura. A maiores, os datos do Planck sitúan de xeito imprevisto a idade do universo en preto de 13,81 miles de millóns de anos, un pouco máis que o estimado por outros medios, incluído o satélite WMAP da NASA e a taxa de expansión de 67.3 (+/- 1.2) km/sec/Mpc, lixeiramente máis baixa que as estimacións previas. Algunhas das características da carta celeste de enriba permanecen descoñecidas, como o por qué das fluctuacións da temperatura semellan ser lixeiramente maiores nunha metade do ceo que na outra.

Texto orixinal no APOD.