O piar de po da nebulosa Carina

carina06_hubble_793

Créditos da imaxe: NASA, ESA, N. Smith (U. California, Berkeley) et al., and The Hubble Heritage Team (STScI/AURA)

Explicación: no interior da cabeza deste monstro interestelar hai unha estrela que que vai pouco a pouco destruíndose. O po, que realmente é un piar de gas e poeira, ten máis dun ano luz de lonxitude. A estrela, que non é visible a través do po opaco, está estoupando en parte pola exección de raios enerxéticos de partículas. Batallas épicas semellantes líbranse por toda a nebulosa de formación estelar Carina Nebula (NGC 3372). As estrelas gañarán ao final de todo, destruíndo os seus piares da creación nos vindeiros 100.000 anos, dando lugar a un novo cúmulo aberto de estrelas. Os puntos rosa son estrelas recentemente formadas que xa foron ceibadas do seu monstroso nacemento. A imaxe de enriba é soamente unha pequena parte do mosaico panorámico altamente detallado da nebulosa Carina tomado polo Hubble Space Telescope en 2007. O nome técnico para as torrenteiras estelares é obxectos de Herbig-Haro. Como unha estrela crea un chorro de Herbig-Haro é aínda un tema de investigación, pero semella que intervén un disco de acreción que xira sobre unha estrela central. Outro abraiante chorro de Herbig-Haro é visible na parte inferior da imaxe máis grande.

Texto orixinal no APOD.