Retrato infravermello da Gran Nube de Magallanes

PIA15254_LMC2048

Créditos: ESA / NASA / JPL-Caltech / STScI

 

Explicación: o po cósmico ondea neste retrato infravermello da galaxia satélite da nosa Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes. De feito, a notable imaxe do Herschel Space Observatory e do Spitzer Space Telescope mostra cómo as nubes de poeira enchen esta eciña galaxia anana do mesmo xeito que o fai o po ao longo do plano da mesma Vía Láctea. As temperaturas da poeira soen dar rastro da actividade de formación estelar. Os datos do Spitzer en azul indican po quentado polas estrelas xoves. Os instrumentos do Herschel contribúen aos datos da imaxe mostrando en vermello e verde as emisións de po das rexións intermedias e máis frías onde a formación de estrelas está iniciándose ou ben está detida. Con un predominio de emisión de po, a apariencia infravermella da Gran Nube de Magallanes é diferente das imaxes ópticas. Esta galaxia é tamén coñecida como nebulosa da Tarántula e óllase fácilente o brillante rexión do centro, á esquerda. A apenas 160.000 anos luz de distancia, a Gran Nube de Magallanes ten preto de 30.000 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.