O Castelo do Cometa

O castelo do cometaCréditos da imaxe e copyrightStefan Seip (TWAN)

Explicación: a ampla cola de po do Cometa PanSTARRS (C/2011 L4) converteuse nunha imaxe familiar para moitos dos observadores de cometas do hemisferio norte, mentres o cometa se vai atenuando pero subindo máis alto por riba do horizonte occidental tralo solpor. Aínda que esta imaxe do popular cometa pode parecer un pouco fantástica. A curvatura da cola de po, que varre desde o Sol e deixa un rastro tras da órbita do cometa, tamén semella manar desde un brillante castelo no cumio da montaña. O Castelo do Cometa podería ser un nome axeitado nesta escena, pero o seu nome tradicional é Castelo Hohenzollern. Tirada o 15 de marzo cun gran teleobxectivo, a fotografía do Castelo do Cometa captouse nuns ceos excepcionalmente claros a uns 80 quilómetros de distancia de Stuttgart (Alemania).

Texto orixinal no APOD.