NGC 2736: a Nebulosa do Lápiz

NGC 2736: a nebulosa do lápiz Créditos da imaxe e copyrightMartin Pugh

Explicación: movéndose da esquerda á dereita preto do centro desta fermosa composión detallada a cor, os filamentos trenzados, brillantes e finos son en realidade grandes ondulacións nunha lamia de gas brillante que vemos case de canto. A onda de choque interestelar ábrese paso polo espazo a uns 500.000 quilómetros por hora. Catalogada coma NGC 2736, a súa aparencia alongada suxire o seu nome popular: a Nebulosa do Lápiz. A nebulosa ten uns 5 anos luz de lonxitude e está a uns 800 anos luz de distancia, pero representa só unha pequena parte do remanente de supernova Vela. O propio remantente Vela ten uns 100 anos luz de diámetro, a nube de restos dunha estrela en expansión que se viu expolosionar hai uns 11.000 anos. No seu inicio, a onda de choque estaba a moverse a millóns de quilómetros por hora pero freouse de xeito considerable, varrendo o material interestelar do arredor. Na imaxe de amplo campo e banda estreita, as cores vermellas e verde-azuis sinalan o brillo característico dos átomos de osíxeno e hidróxeno onizados.

Texto orixinal no APOD.