M42: no interior da Nebulosa de Orión

M42: no interior da Nebulosa de OriónCréditos da imaxe e copyright: Reinhold WittichExplicación: Gran Nebulosa de Orión, unha rexión de nacemento estelar inmensa e achegada, probablemente é a máis famosa de todas as nebulosas astronómicas. Aquí, o gas brillante arrodea as estrelas novas e quentes no límite dunha nube molecular interestelar immensa a só 1.500 anos luz de distancia. Na profunda imaxe superior en cores ficticias realzadas pola emisión de osíxeno e hidróxeno, remuíños e lamias de po e gas aparecen particularmente evidentes. A Gran Nebulosa de Orión pode atoparse a simple vista preto do facilmente identificable cinto de tres estrelas na popular constelación Orión. Ademais de albergar un brillante cúmulo aberto de estrelas coñecido como o Trapecio, a Nebulosa de Orión contén moitas garderías estelares. Estas garderías conteñen moito gas hidróxeno, estrelas novas e quentes, proplyds (discos protoplanetarios) e chorros estelares que expulsan material a velocidades elevadas. Tamén coñecida como M42, a Nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e localízase no mesmo brazo espiral da nosa galaxia có Sol.

Texto orixinal no APOD.