Os mapas da gravidade da Luna do GRAIL

Mapas de gravidade lunar do Grail
Créditos da imaxe e copyright: NASAJPL-CaltechMITGSFCExplicación: como se formou a Luna? Para axudar a averigualo, a NASA lanzou os satélites xemelgos Gravity Recovery and Interior Laboratory (GRAIL ou Laboratorio Interior e de Recuperación da Gravidade) en 2011 para orbitar a Lúa e cartografar a súa gravidade superficial nun detalle sen precedentes. Na imaxe superior é un dos mapas de gravidade do GRAIL resultantes, coas rexións de gravidade lixeiramente más lixeira amosados en azul e as rexións de gravidade lixeiramente máis forte en vermello. A análise dos datos do GRAIL indican que a Lúa ten unha codia estrañamente superficial que acada os 40 quilómetros de fondura, e unha composición global semellante á da Terra. Aínda que se descubriron outras estruturas abraiantes que continuarán a seren investigadas, os resultados xeralmente reforzan a hipótese de que a Lúa se formou na súa maior parte de material da Terra que seguiu a unha tremenda colisión nos primeiros anos do noso Sistema Solar, hai uns 4,5 mil millóns de anos. Tras completar a súa misión e esgotar o combustible, os dous satélites GRAIL, Ebb e Flow, foron forzados a chocar contra un cráter lunar a uns 6.000 quilómetros por hora.

Texto orixinal no APOD.