O cometa PANSTARRS xusto antes do solpor

panstarrs_cook_1100

Créditos da imaxe e copyright: Chris Cook

Explicación: viches algunha vez un cometa? O cometa PANSTARRS esvaece, e os observadores coidadosos, a simple vista, poden aínda atopar a bola de xeo no horizonte do oeste  xusto tras o solpor. Ilustrado enriba o cometa PANSTARRS (C/2011 L4) foi sinalado dende o alto dun outeiro a semana pasada no First Encounter Beach en Massachusetts, USA. O cometa foi descuberto e nomeado polos vixiantes astronómicos do ceo do Pan-STARRS  que o atoparon. A medida que o cometa se alonxa agora da Terra e do Sol permanecerá sendo visible na noite, se ben farán falta uns prismáticos ou un pequeno telescopio para atopalo.

Texto orixinal no APOD.